Na Catedral de Ourense comezaban a partir das 12h. deste 2 de outubro os actos cos que a Policía Nacional festexa ao seu patrón, os Anxos Custodios. Celebrábase unha misa a cuxo inicio soaba a música da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.
Despois, dábase paso á misa, na que cantaba a Coral de Ruada. Numerosas autoridades asistían a esta celebración que tiña continuidade, a partir das 13h. cunha cerimonia de entrega de medallas no Auditorio Municipal de Ourense, onde tamén se facía entrega dos premios do I Concurso de Debuxo Infantil da Policía Nacional na cidade.
Fotos e vídeo: O SIL.