
Axentes da Brigada de Seguridade Cidadá da Comisaría Provincial de Policía Nacional de Ourense, vén de proceder á detención de dúas mulleres e un home que, na madrugada do pasado día 7 de outubro intentaban acceder ao interior dun establecemento de hostalería situado no barrio da Carballeira.
Axentes da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá, foron comisionados pola sala operativa do 091 a un bar situado no barrio da Carballeira, onde se informaba de que tres persoas estaban a intentar forzar o acceso ao mesmo. “Ao chegar con celeridade ao lugar, os axentes observaron como unha muller achábase en actitude vixiante nas inmediacións do establecemento e a escasos metros a outras dúas persoas tratando de ocultarse tras un vehículo estacionado, portando luvas nas súas mans e diversas ferramentas. Ao realizar unha inspección exterior do establecemento os axentes topáronse ancorado entre dous barrotes de seguridade dunha das fiestras, un gato elevador de vehículos con claros signos de forzamiento”, tal e como informa a Policía Nacional.
Por todo iso, os axentes procedían á detención destas tres persoas por un presunto delito de roubo con forza en grao de tentativa e o seu posterior trasladado a dependencias policiais. Tras realizar as dilixencias oportunas, foron postos ao dispor da Sección de Instrución do Tribunal de Instancia en funcións de garda.
As detencións producíanse como resultado dos labores de prevención e investigación desenvolvidas por distintas unidades policiais da Comisaría Provincial de Ourense, incardinadas dentro dun dispositivo policial específico, para a loita contra os roubos con forza en locais comerciais e interior de vehículos na cidade.