OurenseÚltima hora

A Policía Nacional detén a dúas persoas por delitos de roubo e furto no interior de vehículos en Ourense

Ambos os detidos utilizaron as tarxetas de crédito subtraídas para realizar compras

 

A Policía Nacional procedía á detención o 28 de outubro na cidade de Ourense dun home como responsable da comisión dun presunto delito de furto en interior de vehículo e outro delito de estafa.

Axentes pertencentes á Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) da Comisaría Provincial de Ourense atribúenlle a este detido a subtracción dunha mochila do interior dun vehículo estacionado nunha rúa do barrio de O Vinteún, e o posterior uso das tarxetas bancarias furtadas en distintos establecementos comerciais da cidade, segundo informa a Policía Nacional.

Outro individuo detido por feitos similares

Dentro das investigacións levadas a cabo por la UDEV, seguidamente o día 29 do mesmo mes, os axentes procederon á detención dun segundo individuo como responsable da comisión dun delito de roubo con forza cometido nun vehículo estacionado no barrio de O Vinteún e outro delito de furto nun vehículo da Ponte.

Os investigadores atribúenlle ademais un presunto delito de estafa pola utilización de tarxetas bancarias subtraídas e o seu posterior uso.

Tras lograr a identificación de ambas as persoas, cando os axentes localizaron ao segundo individuo, este intentou darse á fuga á carreira, sendo perseguido e interceptado polos axentes ofrecendo gran resistencia á súa detención, polo que tamén se lle atribúe un delito resistencia a axentes da autoridade.

Unha vez realizadas todas as xestiones e dilixencias tendentes ao esclarecemento dos feitos, os detidos foron postos ao dispor da Sección de Instrución do Tribunal de Instancia en funcións de garda.

As detencións prodúcense como culminación dos labores de prevención e investigación desenvolvidas por distintas unidades policiais da Comisaría Provincial de Ourense, incardinadas dentro dun dispositivo policial específico, para a loita contra os roubos con forza en locais comerciais e interior de vehículos.

A Policía Nacional lembra a importancia de non deixar obxectos de valor no interior dos vehículos

Como medidas de prevención para este tipo de delitos, lémbrase a necesidade de comprobar cando se estacione o vehículo, que o mesmo queda correctamente pechado, que non deixamos obxectos de valor á vista e a necesidade de non deixar copias de chaves de reposto do noso vehículo ou mandos do garaxe no seu interior.

Back to top button