OurenseÚltima hora

A Policía Nacional detén a unha persoa como autora de 3 delitos de roubo con forza no barrio do Couto, en Ourense

 

Axentes da Policía Nacional veñen de proceder á detención dun individuo como presunto autor de tres delitos de roubo con forza, levados a cabo nun establecemento de lavandería situado no barrio do Couto da cidade de Ourense.

Os feitos que orixinaban a detención tiveron lugar ao longo do mes de xuño do presente ano. Nos tres roubos utilizaba o mesmo método para violentar unha maquina de cambio de moedas, situada no interior do establecemento,. “Desta forma o autor dos feitos, aproveitaba o horario de apertura ao público do establecemento para acceder ao seu interior. Unha vez dentro, forzaba a máquina de cambios, levándose o diñeiro que contiña, ascendendo a cantidade total do subtraído a uns 275 euros”, segundo informa a Policía Nacional

Analizado o “modus operandi” e realizadas as correspondentes investigacións, os axentes da Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) da Comisaría Provincial de Ourense, puideron determinar a autoría dos mesmos, sendo detido o seu autor o pasado 2 de xullo. Foi posto ao dispor xudicial.

Back to top button