
Na madrugada do día 16 de setembro, axentes da Policía Nacional procedían á detención dunha persoa, como presunta autora dun delito de roubo con violencia e intimidación. O feito iniciábase cando unha patrulla policial da Policía Nacional era requirida no barrio de O Vinteún por un home, o cal lles relataba que cando ía camiñando para a súa casa aproxímouselle unha persoa interrompendo a súa marcha, acurralándoo nunha entrada a un portal e, tras un forcexo, notu como empeza a recibir diversas picadas e cortes na mans, para acto seguido subtraerlle do seu petos todas as súas pertenzas, marchando rapidamente do lugar.
Os policías actuantes, tras as indicacións oportunas da vítima, localizaban en rúas próximas ao lugar dos feitos, ao autor dos mesmos, encontrando entre as súas pertenzas a arma branca utilizada, así como o teléfono propiedade da vítima.
“A detención desta persoa é froito da intensificación dos dispositivos de seguridade realizados en diversos barrios da cidade despregados pola Comisaría Provincial de Ourense”, segundo indica a Policía Nacional. Unha vez realizadas todas as xestións e dilixencias tendentes ao esclarecemento dos feitos, o home foi posto ao dispor xudicial o cal decreta o seu ingreso en prisión.