OurenseÚltima hora

A Policía Nacional detén a unha persoa en Ourense como presunta autora de varios delitos de furto e estafa

Os furtos producíronse en dous establecementos de hostalería da cidade no mes de marzo

 

Axentes da Policía Nacional procedían á detención dunha muller, como presunta responsable da comisión de tres delitos de furto e dous delitos de estafa por feitos cometidos ao longo do mes de marzo do presente ano na cidade de Ourense. Os feitos que inician a investigación prodúcense, utilizando sempre un modus operandi similar, consistente en realizar furtos ao descoido de bolsos que portan as vítimas mentres se achan en establecementos de hostalería da cidade, para posteriormente facer uso dos cartóns bancarios subtraídos con certa celeridade mediante extraccións e transferencias de diñeiro, antes de que a vítima procedese á anulación das mesmas.

Así mesmo os investigadores comprobaron como os receptores das transferencias realizadas, tiñan como destinatarios a tres persoas diferentes e residentes en distintas localidades de territorio español, aos que igualmente se lles imputa a cada unha delas un delito de estafa.

Deste xeito, tras levar a cabo a investigación dos feitos denunciados, axentes pertencentes á Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) da Comisaría Provincial de Ourense lograron a identificación dos presuntos autores e a posterior localización, detención e posta ao dispor xudicial dunha delas ante a Autoridade Xudicial.

A Policía Nacional lembra que “en lugares públicos débese vixiar as pertenzas privados como o bolso ou a carteira e especialmente naqueles espazos onde concorran moitas persoas”.

Back to top button