OurenseÚltima hora

A Policía Nacional detén en Ourense a 2 persoas por delitos contra a saúde pública, no marco dunha operación contra o narcotráfico

Trátase dunha operación contra o tráfico, a media escala, de cocaína, cuxo inicio se remonta a novembro do pasado ano

Foto: Policía Nacional.

 

O Grupo de Estupefacientes da Brigada Provincial de Policía Xudicial de Ourense, no marco dunha investigación contra o tráfico e distribución de estupefacientes nesta cidade, levou a cabo a detención de dous individuos que se dedicaban á adquisición e ocultación para a posterior distribución e venda de cocaína.

“O inicio da investigación remóntase a novembro do pasado ano 2023 cando os integrantes do grupo de estupefacientes, no marco doutras investigacións contra o tráfico de drogas, detectaron a presenza de dous individuos que puidesen estar a actuar como intermediarios no tráfico das devanditas substancias”, segundo informa a Policía Nacional.

Durante a operación practicáronse dúas dilixencias de entrada-rexistro nos domicilios dos investigados, así como nun garaxe propiedade dun deles. Como resultado das devanditas dilixencias interveuse gran cantidade de cocaína en diferentes formatos, diñeiro en metálico así como material e útiles para a distribución da droga. Ademais levouse a cabo a intervención de tres motocicletas de gran cilindrada e tres vehículos de alta gama, segundo sinala a Policía Nacional

Os detidos foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución 2 de Ourense. “A intervención da notoria cantidade de droga, así como dos útiles para a súa venda e dos vehículos utilizados para o tráfico da devandita substancia, conséguese a desarticulación dun importante punto de ocultación, distribución e venda de substancias estupefacientes en Ourense”.

Back to top button