OurenseÚltima hora

A Policía Nacional detén en Ourense a 3 persoas como presuntos autores de delitos de lesións en zona de lecer nocturno

Na localización e detención dun dos autores colaboraban efectivos de Policía Local

 

Os días 8 e 10 de marzo indicativos de Policía Nacional e Policía Local levaban a cabo a detención de tres persoas en Ourense como presuntos autores das lesións causadas en dúas liortas. Un dos altercados tivo lugar na rúa Arcediagos e saldouse cun ferido, e o outro na rúa Santo Domingo cun balance total de dous lesionados.

En ambos os casos as agresións producíronse a altas horas da madrugada ocasionando ás vítimas lesiones de diversa consideración. “Os presuntos autores foron identificados e detidos polos indicativos policiais indicados, facendo así efectiva a necesaria cooperación entre ambos os corpos na prevención de altercados en zonas de lecer nocturno. A intervención policial pon de manifesto un obxectivos prioritarios desta Comisaria Provincial e da Policía Local que non é outro que fixar situacións de seguridade nas zonas de lecer nocturno para evitar graves altercados”, din dende a Policía Nacional.

Finalizadas as dilixencias policiais para o esclarecemento dos feitos, os tres detidos foron postos ao dispor xudicial.

Artigos relacionados

Back to top button