OurenseÚltima hora

A Policía Nacional detén en Ourense a un home como presunto autor dun delito de roubo con violencia e intimidación

 

A Policía Nacional vén de proceder á detención dunha persoa como presunta autora dun delito de roubo con violencia e intimidación que tivo lugar o pasado día 8 de xuño nunha rúa da zona centro da cidade de Ourense, cando sobre as 13:00 horas, a vítima trataba de acceder ao portal do seu domicilio.

Momentos antes de que a denunciante procedese a entrar no portal da súa casa, observaba “a un home na proximidade da porta de acceso e unha vez que se atopa dentro do ascensor, esta persoa que se atopaba na rúa, accede ao mesmo e tras un forte empuxón arrebátalle o bolso fuxindo do lugar á carreira”, segundo informa a Policía Nacional.

Así, a Policía Nacional iniciaba unha investigación para a identificación e detención do autor do feito, e tras diversas pescudas, o día 24 de xuño, procédese á súa detención por un delito de roubo con violencia, pasando a disposición xudicial.

Back to top button