OurenseÚltima hora

A Policía Nacional detén en Ourense a unha persoa por un delito contra a saúde pública

A persoa detida transportaba no seu vehículo 500 gramos de haxix en diversas tabletas e dous anacos de menor tamaño preparados para a súa distribución

Fonte: Policía Nacional.

 

Axentes da Policía Nacional veñen de deter a unha persoa por un delito contra a saúde pública na cidade de Ourense. A detención produciuse nun dispositivo policial específico de control de vehículos en vía pública que se estaba realizando por parte do grupo de UPR da Comisaría Provincial de Ourense.

Así a tarde do día nove de agosto, axentes da Unidade de Prevención e Reacción (UPR) da Comisaría Provincial de Policía Nacional de Ourense, mentres se atopaban realizando un dispositivo de prevención da delincuencia, interceptan un vehículo ao cal se lle procedía a realizar un rexistro no interior. Froito do mesmo atopábase, debaixo do asento do condutor, un paquete cunha cantidade de 500 gramos de haxix en tabletas e no interior dunha riñonera varios anacos máis pequenos envoltos de forma individual e preparados para a súa venda, tal e como informa a Policía Nacional.

Tras a detención da condutora do vehículo, realizábase o seu traslado a Comisaría, xunto co turismo intervido para a realización dunha inspección máis exhaustiva. Posteriormente, por parte da Unidade de Policía Xudicial da Comisaría Provincial de Ourense facíase un rexistro domiciliario a noite do mesmo día nove, no que se acharon outros 845 gramos de haxix, 1.400 euros en efectivo e unha báscula de precisión.

Unha vez realizado o rexistro e practicadas todas as xestións e dilixencias por parte da Unidade de Estupefacientes da Comisaría Provincial de Ourense, a persoa detida foi posta ao dispor do Xulgado de Instrución de Garda por un presunto Delito de Tráfico de Drogas.

Back to top button