OurenseÚltima hora

A Policía Nacional detén en Ourense ao autor dun roubo con forza cando viaxaba nun bus urbano

 

A Policía Nacional detén o pasado 3 de maio a un home, como autor dun delito de roubo con forza en domicilio perpetrado na cidade de Ourense.

Os axentes da Policía Nacional foron requiridos por un viandante na vía pública. Esta persoa, indicóulles que no interior do bus que circulaba nese momento á altura de onde eles se atopan, viaxaba o autor do roubo con forza que sufriu no seu propio domicilio.

Por este motivo, os axentes de Policía Nacional proceden in situ á identificación e detención do pasaxeiro.

Dese modo, o roubo, que xa estaba a ser investigado, é resoltoo grazas á colaboración cidadá e a inmediata actuación policial. O detido, unha vez practicadas todas as dilixencias, é posto ao dispor xudicial, segundo informa a Policía Nacional.

Back to top button