OurenseÚltima hora

A Policía Nacional detén en Ourense nunha semana a 3 persoas por distintos roubos con violencia

Coa detención de dúas dos autores esclarecéronse tamén dous delitos de furto cometidos durante os últimos meses

 

A Policía Nacional vén de deter a tres personas por distintos roubos con violencia en Ourense. Os detidos cometeran varios delitos de roubos con violencia perpetrados na cidade os últimos meses. A Comisaría Provincial de Ourense estableceu un dispositivo especial para a prevención deste tipo de delitos no cal están coordinadas as brigadas de Seguridade Cidadá e Policía Xudicial. Coa detención de dúas dos autores esclarécense tamén dous delitos de furto cometidos nos últimos meses.

A Policía Nacional, para dar resposta a diversos delitos de roubos con violencia que se produciron na cidade de Ourense e dentro dos dispositivos específicos de actuación, estableceu unha serie de medidas en resposta a esta actividade delituosa. Nestas medidas preventivas e investigativas participan diversas unidades desta Comisaría, entre elas a Brigada de Seguridade Cidadá e a Brigada de Policía Xudicial.

Os detidos como presuntos autores destes delitos violentos utilizaron o modus operandi do “tirón” para facerse coas pertenzas das súas vítimas. “Axentes de Policía Nacional da Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) da Comisaría Provincial de Ourense, tras unha minuciosa investigación dos indicios obtidos, conseguen os elementos necesarios que permiten a detención dos tres individuos, como presuntos autores dos distintos feitos. Dous deles, que actuaran de forma conxunta, foron tamén acusados de dous delitos de furto. Finalizadas as xestións policiais tendentes ao total esclarecemento dos feitos denunciados, os tres detidos foron postos ao dispor xudicial”, indica a Policía Nacional.

Por outra banda, a Policía Nacional lembra unha serie de recomendacións e consellos a ter en conta por parte do cidadán ao obxecto de evitar algúns delitos en vía pública.

RECOMENDACIÓNS XERAIS EN VÍA PÚBLICA

• Trate de camiñar pola parte interior da beirarrúa.
• Leve o bolso a modo de bandoleira e non garde os seus obxectos persoais nos petos traseiros.
• En aglomeracións vixiar as súas pertenzas.
• Desconfíe de persoas que se aproximen a vostede con calquera escusa e ás que non coñeza.
• Non faga ostentación de xoias ou obxectos de valor e protexa o seu bolso ou carteira nas grandes aglomeracións.
• Non acepte propostas vantaxosas que lle ofrezan na rúa, xa que pode ser tratarse dun timo.
• Evite levar grandes cantidades de diñeiro en efectivo.
• Procure non levar as claves das súas tarxetas anotadas xunto a elas.
• Procure ir acompañado por persoas de confianza á hora de realizar cobranzas ou pagos de certa importancia.

Back to top button