Axentes da Policía Nacional detiñan o 8 de xullo a detención de tres individuos como presuntos autores de, polo menos, 11 delitos de roubo con forza en interior de domicilios, pertenza a organización criminal e falsidade documental. A detención producíase como culminación dos labores de prevención e investigación incardinadas dentro dun dispositivo policial específico para a loita contra os roubos con forza no interior de domicilios.
“As investigacións levadas a cabo polo Grupo UDEV (Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta) da Brigada de Policía Xudicial, coa colaboración da Brigada Provincial de Seguridade Cidadá,así como pola Brigada Provincial de Policía Científica, acreditan a participación dos presuntos autores en base a distintas probas periciais e á utilización dun modus operandi similar, para acceder ao interior das vivendas cando estas atópanse baleiras”, informa a Policía Nacional.
Os tres detidos tamén son investigados por pertenza a unha organización criminal, neste caso como grupo itinerante. “Estes grupos itinerantes, adoitan ser de orixe familiar, altamente especializados, estruturados e coas funcións moi ben definidas. Aséntanse de forma temporal nunha zona xeográfica na que son moi coidadosos coas súas medidas de seguridade para evitar a súa detección por parte dos investigadores. Trátase dunha delincuencia internacional que permanece en España por un período curto de tempo, o suficiente para cometer delitos contra o patrimonio e unha vez logrados os seus obxectivos abandónano. Os detidos portaban diversa documentación, a cal tras realizar xestións o Grupo UDEV de Ourense verifican a súa falsidade”, segundo asegura a Policía Nacional.
Practicadas todas as xestións e dilixencias tendentes ao esclarecemento dos feitos por parte da unidade investigadora, no día de hoxe os detidos foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución de Garda.
Fotos: Policía Nacional.