OurenseÚltima hora

A Policía Nacional organiza en Ourense unha xornada-taller de defensa persoal para membros do 061

Estaban orientada ao persoal sanitario do 061 entre os que se atopaban técnicos en emerxencias sanitarias, enfermeiros, médicos e membros da tripulación do helicóptero medicalizado

 

Coa finalidade de tratar de afrontar situacións complicadas e/ou desagradables que, en máis dunha ocasión acaban converténdose en agresións, tanto físicas como verbais, aos profesionais sanitarios, na Base do 061 en Ourense, impartíase unha xornada-taller de defensa persoal para os integrantes desta base.

A organización do evento contaba coa colaboración da asociación deportiva e cultural AURIENS, que puxo ao dispor dos participantes as instalacións policiais adecuadas para a celebración do mesmo. Para impartir os coñecementos teórico e prácticos e levar a cabo as distintas técnicas de defensa persoal, contouse coa inestimable colaboración dos instrutores policiais en técnicas de autoprotección e intervención policial (TAIP), pertencentes á comisaría de Policía Nacional de Ourense. Clausúraa contou coa presenza do Comisario Xefe Provincial e da Comisaria Xefa de Operacións.

Durante o evento tratouse de dar aos asistentes unhas nocións básicas para afrontar situacións de estrés e agresión, tanto física como psicolóxica ás que están sometidos os integrantes do 061.

Artigos relacionados

Back to top button