OurenseÚltima hora

A Policía Nacional visita a sede de Cruz Vermella en Ourense

 

A Asemblea Provincial de Cruz Vermella en Ourense acollía esta semana a reunión entre a dirección da Comisaría Provincial da Policía Nacional e a dirección da organización humanitaria. Nela participaron, por parte da Comisaría: o xefe provincial e comisario, Juan Castor Vázquez Salgado, a xefa provincial de Operacións, Nuria E. Palacios Ibán, e o secretario xeral, Juan Manuel Sardiña Rivera. Por parte de Cruz Vermella asistiron, Felipe Ferreiro Feijóo, presidente provincial, Marisa López Casero, coordinadora provincial, Sofía García-Iturri Tosar e Javier Manteiga Castro, de Secretaría Provincial.

Ademais de presentar á nova xefa provincial de operacións, a reunión tiña como obxectivo fortalecer as relacións de colaboración entre ambas as entidades, subliñando a importancia de proxectos como o Plan Maior Seguridade, a través do cal a Policía Nacional ofrece charlas a persoas maiores para previr timos, estafas e roubos.

Igualmente analizáronse outros aspectos para mellorar a atención a persoas en situación de vulnerabilidade cando precisan apoio, por exemplo, para a realización de trámites. Tamén se puxeron ao dispor de Cruz Vermella dependencias como o polideportivo de Comisaría, para a realización de actividades grupais relacionadas coa saúde ou o lecer de participantes en diferentes proxectos sociais.

A reunión coincide co 200 aniversario da Policía Nacional e o 40 aniversario da Comisaría Provincial, polo que o Comisario fixo entrega dun detalle conmemorativo ao Presidente, para posteriormente asinar o Libro de Honra da Institución.

Artigos relacionados

Back to top button