ConcellosÚltima horaVídeos

A preocupación polos efectos sobre a saúde do fume do vertedoiro da Rúa esténdese pola comarca

A veciñanza de diferente municipios pide unha solución inmediata a esta situación que considera unha "alerta sanitaria"

 

Neste días diferentes veciños do municipio de Rúa veñen de amosar a súa seria preocupación ante as consecuencias sobre a saúde da poboación do fume que está a saír continuamente, dende o vertedoiro da Rúa que comezaba a arder o pasado venres como consecuencia do incendio forestal que se estendía por Valdeorras.

Son seis días nos que o fume non deixa de saír, tendo en conta ademais que está a arder unha superficie de 1,5 hectáreas. Así mesmo hai persoas que aportan datos, baseándose no google maps, como que no vertedoiro hai unha balsa duns 140 m de diámetro e 9-10 m de profundidade.

 

 

Esa preocupación inicial, que xeraba unha alerta sanitaria entre a poboación ruesa, estase a estender agora mesmo a diferentes puntos da comarca de Valdeorras, como é o caso do Barco e mesmo Carballeda de Valdeorras, xa que este fume, din os veciños estase movendo, arrastrado polo vento, pola zona sen que se alerte ou informe á xente das súas posibles consecuencias e das medidas para protexerse del.

Ademais, a veciñanza pide que, sexa quen sexa a quen lle corresponda, se tomen medidas de inmediato e que se lle dea unha solución o máis rápida posible a esta situación ao considerala de “alerta sanitaria”.

Fotos e vídeo cedidos.

Back to top button