CulturaCulturaÚltima horaVídeos

A presentación do libro “Traballadoras da Liberdade” pecha os actos do 8-M no Barco

 

O salón de actos do Multiusos do Barco acollía na tarde deste 13 de marzo a presentación de “Traballadora das Liberdade”, unha obra que achega as historias silenciadas de once mulleres que, durante a Guerra Civil e o franquismo, non claudicaron nunca das súas ideas de liberdade e compromiso.

Este acto, co que o Concello do Barco pon o ramo á programación do 8-M, contaba coa presenza de Rosa M Ferreiro, responsable da selección de textos e coordinadora da edición, Domingo D. Docampo, editor lo libro; e Cristina de la Torre, responsable da revisión de textos e estilo.

A presentación desenvolvíase a modo de diálogo e nela abordábase o inicio deste proxecto e tamén os seus contidos.

 

 

A través desta obra poden descrubrise os testemuños das protagonistas e as ilustracións de Manel Cráneo, recuperan as traxectorias de mulleres —moitas delas anónimas ata hoxe— que dedicaron as súas vidas á resistencia, ao compromiso político e á defensa da democracia.

O libro recibiu o Premio Luisa Villalta a proxectos pola Igualdade da Deputación da Coruña.

Fotos: A.R.

Vídeo: O SIL.

Back to top button