Da man da xerente de Godeval, Araceli Fernández, a pesidenta da Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa (CEPYME), Ángela de Miguel, coñecía a afectación do incendio forestal que asolaba a mediados de agosto Valdeorras nos seus viñedos. “Pasamos tres días sen durmir porque a previsión era que o lume chegase ata aquí”, comentaba silanando os seus viñedos de godello e a súa adega en Xagoaza (O Barco), pero tivemos moita sorte polo vento e tamén polos voluntarios que viñeron”.
As chamas non chegaron a este viñedo, pero si a outros situados en Vilamartín, nunha zona que denominan La Graciosa, onde tiveron danos nun 50%. “Os viñedos fan de cortalume, é certo, pero son as primeiras liñas ante o lume”, comentaba Araceli Fernández. Ademais da produción e de cepas, que terán que replantar, tamén sufrían danos en ferramentas e maquinaria.

Agora, o que máis lles preocupa son os efectos dos posibles arrastres, unha vez comece a chover no outono. Así llo explicaba esta adegueira á presidenta de CEPYME, que coñecía tamén a historia de Godeval, ligada ao Plan REVIVAL de recuperación da godello, a súa evolución tanto en produción, como en instalacións, cunha nova adega, así como en elaboracións e mesmo en comercialización, facendo fincapé na exportación e en mercados como estadounidense.

Tanto a presidenta de CEPYME, como as persoas que a acompañaban nesta visita, como eran os presidentes da CEO e de AEVA, entre outros membros destas entidades, coñecían as diferentes zonas da adega, os seus viñedos en Xagoaza, a súa antiga cova e cataban viños de Godeval da anada 23 e 24, na adega, e tamén un godello sobre lías do ano 2023.
Fotos: Carlos G. Hervella.
