
A ‘Primavera de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia’ chega a súa 15 edición cun amplo calendario de case un centenar de actividades. A iniciativa, organizada por Turismo de Galicia en colaboración coas Asociacións das Rutas dos Viños das cinco Denominacións de Orixe galegas, desenvolverase durante distintas fins de semana dos meses de maio e xuño.
En total, 59 adegas participan na iniciativa, abrindo as súas portas para facer visitas guiadas e gratuítas na fin de semana da campaña. Están programadas 61 actividades nas distintas localizacións, entre as que hai visitas guiadas polos viñedos, rutas de sendeirismo e en barco, catas de viño e maridaxe con outros produtos, e obradoiros de distinto tipo. Súmaselle a isto os 32 buses do viño que, con distintas saídas e percorridos, permitirán o desprazamento con guía desde varias das principais localidades da comunidade.
A proposta complétase con iniciativas dixitais. Nas redes sociais de Turismo de Galicia realizaranse tres concursos por cada Ruta do Viño, sorteando en total 15 premios consistentes no aloxamento da noite do sábado para dúas persoas en cuarto dobre nun dos establecementos asociados participantes, máis o xantar do domingo nun restaurante socio da Ruta.
A Primavera de Portas Abertas que se desenvolve na Ruta do Viño de Monterrei contará coa presenza de cinco buses do viño. A programación inclúe catro actividades organizadas que van desde obradoiros de harmonías, combinando os viños da Denominación de Orixe con conservas de produtos do mar e queixos emblemáticos de España; túnel de viños; e unha ruta polos lagares rupestres da zona.
Na proposta coa Ruta do Viño de Valdeorras, oito buses do viño porán destino a esta zona onde se desenvolverán 18 actividades coa colaboración da Ruta do Viño de Valdeorras, os concellos de O Bolo e o Barco de Valdeorras, o Servizo de Patrimonio Natural de Ourense, 14 adegas e outras empresas relacionadas co turismo e o aloxamento. Ofrecen rutas polos viñedos, por espazos naturais e polo patrimonio cultural e arquitectónico das localidades; túneles dos viños; catas dos caldos e doutros produtos, como queixos; e outras actividades, como obradoiros de escumosos ou experiencias de benestar.
17 bodegas da Denominación de Orixe Rías Baixas participan na Primavera de Portas Abertas deste destino. A programación suma 12 actividades, entre bodegas, pazos con viñedos e organizacións como o Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea Arabo ou o Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea. Ademais das visitas ás adegas e plantacións, propóñense visitas guiadas baixo distintas claves, como O Cambados de Asorey e Cabanillas; catas dos viños da denominación e doutros produtos, como augardentes e licores; obradoiros de cociña e fotografía; e ruta de sendeirismo. Desprazaranse ata aquí sete buses do viño.
A Ribeira Sacra contará chegarán cinco buses do viño e prevense 12 actividades organizadas por esta Ruta do Viño, o Centro de Interpretación do Viño da Ribeira Sacra, a Casa da Cultura de Quiroga, o Ecomuseo de Arxeriz e empresas do sector. Ademais das visitas a adegas e paseos entre viñedos, haberá rutas guiadas de sendeirismo e en barca, visitas a localidades e edificios senlleiros, un Solpor Sonoro con concerto e cata de viños e un obradoiro de cerámica con degustación de viños incluída.
A edición deste ano péchase coa Ruta do Viño do Ribeiro, na que están programadas 15 actividades. Ademais das da propia Ruta do Viño, hai propostas do Museo do Viño de Galicia, adegas e outras empresas do sector turismo, como Laias Caldaria Hotel Balneario. Precisamente esta última ofrece unha experiencia termal, que se une a outras propostas como aperitivos con vermú artesanal e outras catas, picnic entre viñedos, visitas a localidades e centros culturais, un obradoiro de decoración de copas e un rally fotográfico para percorrer e capturar a ribeira do Miño, entre outras actividades. Sete Buses do viño viaxarán ata esta zona.
Desestacionalización e redistribución
A Primavera de Portas Abertas constitúe unha das propostas consolidadas de Turismo de Turismo para avanzar en desestacionalización da oferta e na súa redistribución territorial pola comunidade, aproveitando un dos recursos estratéxicos de Galicia como é o enoturismo. En 2025, os meses de maio e xuño foron dos que rexistraron os maiores incrementos fóra da tempada alta, cun 4% e un 6,7% máis de visitantes respecto 2024. Ademais, xeodestinos como O Ribeiro experimentaron unha subida notoria na súa demanda.