A partir das 19:30h., coa proba dos máis pequenos, poñíase en marcha o programa da 18ª Carreira Popular do Turrón do Barco. Multitude de nenos e nenas participaban nesta proba que saía dende a Fonte da Ra e que remataba na praza de Andrés de Prada.

Como novidade este ano a carreira infantil estaba organizada en tres saídas: unha primeira para cativos de 6 anos en adiante, outra cos nenos de 4 e 5 anos e unha terceira para os máis pequeniños, os de 0 a 3 anos. Ao rematar todos recibían unha medalla.
Fotos: Carlos G. Hervella/ A.R.
Vídeos: O SIL.

22 de Decembro de 2025