
Nin máis nin menos que tres días de festa terán na Proba (O Barco de Valdeorras) para honrar á Nosa Señora da Asunción, do xoves 14 ao sábado 16 de agosto.
Da man da Asociación As Cancelas, que organiza tamén outras actividades como a sardiñada polo San Xoán ou o Magosto, o programa inclúe unha exposición fotográfica, festa da escuma, bingo popular, un campionato de tute e inchábeis gratis.
O apartado musical correrá a cargo de Marietta by Pimentoneta na sesión vermú, festa e verbena tanto o xoves coma o venres; e do Dúo Galán o sábado.
A procesión e misa será o venres 15 de agosto ás 13:15 horas.
