O de Rubiá é outros dos concellos que celebra no mes de maio as súas festas patronais, no seu caso adicadas á Ascensión, corenta días despois do Domingo de Resurrección, de aí que sexa unha festividade que varía en función da Semana Santa e que neste 2026 será o 17 de maio.
Nesta data conmemórase a Ascension do Señor ao ceo, en presenza dos seus discípulos tras anunciarlles que lles enviaría o Espírito Santo, de aí a importancia que ten o apartado relixioso da celebración. É a primeira con José Gregorio como administrador da parroquia de Rubiá (entre outras moitas), cun riguroso e completo programa que arrincaba xa o domingo 3 de maio coa procesión dende a capela ata a igrexa coa imaxe da Virxe do Camiño compañada cos estandartes de cada pobo “dende Cobas ata San Vicente de Leira”.
A seguinte cita era o martes 5 de maio, cando comezaba a novena co rosario, misa e novena, tendo cada día unha ou dúas parroquia como convidadas, ata o 13 de maio. Con todo o día da festa maior é hoxe, xoves 14 de maio coa santa misa concelebrada cos sacerdotes da Unidade Pastoral, presidida polo vicario de pastoral, Jose Manuel Carrasco, e acompañado entre outros por Juan José Prieto, arcipreste de Galicia na Diócese de Astorga.
Despois da eucaristía tuña lugar un dos actos máis solemnes e esperados, a procesión coa imaxe da Virxe do Camiño que tras a ofrenda floral no adro da igrexa era levada de novo á capela na que permanecerá ata o vindeiro ano, acompañada polos sacerdotes, os fegreses e a charanga Los Bercianos, e precedida polos estandartes das diferentes parroquias que leva o José Gregorio.
Este era o inicio das festas organizadas polo Concello de Rubiá, que se estenderán ata o domingo 17 de maio e no que non faltarán orquestras para bailar en sesión de tarde e verberna, charangas para anunciar os festexos con pasarrúas matinais e animar a sesión vermú e actividades para os nenos. Hoxe o baile correrá a cargo do grupo Lume; e mañá Costa Dorada e Discomóbil Opium con Dj Isra. O sábado será o grupo Cañón e denovo a Discomóbil; e o domingo a orquestra Miramar.











Fotos: Mónica G. Bellver salvo as dúas últimas da galería que son cedidas.
Vídeos: Mónica G. Bellver e cedidos.