OurenseÚltima hora

A procesión de Fátima ocasionará mañá cortes e restricións de tráfico no centro da cidade de Ourense

 

A Policía Local de Ourense informa de que con motivo do acto relixioso da celebración da Procesión de Fátima, o vindeiro mércores día 13 de maio, procederase ao corte del tráfico rodado a partir das 22 horas ata a finalización da mesma, nos viales polos que discurre dito evento, sendo os seguintes:

• Rúa Ervedelo, dende intersección coa rúa Monseñor José Álvarez ata a rúa Progreso.
• Rúa Progreso dende intersección coa rúa Ervedelo, desviarase o tráfico á altura da rotonda Concepción Arenal.
• Rúa Progreso dende baixada á praza de Abastos, desviándose o tráfico rodado por baixada á praza de Abastos dirección rúa Irmáns Xesta.

Tamén se cortarán ao tráfico os seguintes viais:

• Praza Eugenio Montes
• Rúa Cruz Vermella
• Rúa Lamas Carbajal
• Praza de Santa Eufemia
• Rúa Juan de Austria

Back to top button