Na noite do Xoves Santo os pasos da Confraría de Xesús Nazareno de Viana do Bolo percorrían as rúas da vila a partir das 22:30h. Numerosas persoas participaban na tradicional “Procesión do Prendemento”, precedida polo son do grupo de Tambores da parroquia de Viana.
A procesión chegaba ata a Praza Maior, dando a volta no pilón, para despois regresar ata a igrexa parroquial.
Despois, ás 23:30h. dábase paso á Hora Santa ante o Monumento, na igrexa parroquial.
Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.