ConcellosEn portadaO BarcoÚltima horaVídeos

A Procesión do Silencio recorta o seu percorrido no Barco para evitar a chuvia

 

Presidida pola imaxe de Xesús Nazareno, ás dez da noite deste Xoves Santo saía da igrexa barquense de San Mauro a Procesión do Silencio. Ante a ameaza de chuvia, o párroco barquense, Jesús Álvarez, explicaba que se ía realizar un breve percorrido ata a praza Maior para logo voltar ao templo.

Esta procesión acostuma percorrer as rúas da zona vella da vila, San Mauro, Real e San Roque para despois pasar a avenida Manuel Quiroga e continuar por Eloi Mira, ata finalizar de novo á igrexa. Desta volta o traxecto era moito máis curto e remataba arredor das 22:30h. Durante o percorrido contábase coa presenza da Policía Local do Barco.

 

 

Ás 23h.esta prevista a Hora Santa diante do Monumento, na igrexa de Santa Rita. Os cultos da Semana Santa do Barco continuarán mañá ás 9:30h. coa Procesión do Encontro coas imaxes da Dolorosa e do Nazareno. O percorrido de ambas imaxes comezará na igrexa de San Mauro.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button