No día de San Xurxo, santo ao que se adican os festexos, coindicindo co Día do Libro e festivo local, Vilamartínd e Valdeorras abre as festas patronais, cun dos actos centrais do programa: a procesión.

No mediodía deste xoves 23 de abril saía a comitiva da igrexa parroquial, encabezada polo párroco Javier Calvo e outros catro sacerdotes, entre eles Cristopher José Vásquez (párroco do Puente de Domingo Flórez), Jesús Álvarez (parroco do Barco) e Juan José Prieto (párroco de Sobradelo) e a charanga Río Leira que tamén amenizaba a sesión vermú. Percorrendo unha boa parte do pobo, os veciños acompañaron ás catro imaxes (San Xurxo, a Virxe, o neno Xesús e a Virxe nena) levadas por homes e mulleres.
Pola tarde o baile correrá a cargo da orquestra Panamá, nunha sesión que se estenderá desde as 20 ata as 23 horas.
Mañá, a partir das 22:30 horas o escenario será para os grupos locais El Patio de Leni e Navegando a Barlovento, seguidos da discomóbil Opium co Dj Isra, ata altas horas da madrugada.

Coma sempre, a xornada do sábado día 25 será a máis completa. En horario de mañá haberá pasarrúas con Os Charangaiteiros, mercadillo e sesión vermú; e xa pola tarde, terá lugar un Bingo ás 16:30 horas e a actuación do grupo Claxxon que regresará á localidade con dous pases (21:30 e 01 horas) coa discomóbil Opium entre medias e ao finalizar.

Para despedir o San Xurxo 2026 , o domingo día 26 contará de novo coa Charanga Río Leira pola mañá. Tras a misa e a sesión vermú as 13 horas, a festa rematará cunha pancetada popular e “tardeo” amenizado polo Dj Repunante a partir das 18 horas.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.