SanidadeÚltima hora

A provincia de Ourense ten 588 profesionais en labores administrativas e de xestión nos 3 hospitais públicos, 106 centros de saúde e 14 PAC

Fan posible ter dispoñible desde o implante endovascular máis avanzado ata a mazá do postre, realizan os miles de contratos de persoal habitual ou temporal e a xestión de nóminas de máis de 6.000 persoas

 

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras súmase hoxe, 12 de xuño, á conmemoración do Día do Persoal de Administración Sanitaria, unha data que pon en valor o traballo dun colectivo composto por 588 profesionais de diferentes categorías profesionais, apenas un 10%, dos preto de 6.000 da Área, que desenvolven unha labor imprescindible, moitas veces pouco visible para pacientes e profesionais e insuficientemente recoñecida.

Son auxiliares administrativos, persoal de servizos xerais nos centros de saúde, administrativos e persoal técnico con titulacións de graos A1/A2, en áreas legais ou económicas, con perfís profesionais diversos, que desenvolven funcións administrativas, de xestión económica e de persoal, contratación, loxística, citación, admisión, atención ao paciente, docencia, formación, apoio aos servizos clínicos e asesoramento xurídico.

Por centros, 187 traballan en Atención Primaria, 321 no Hospital Universitario de Ourense, 42 no Hospital Público de Valdeorras e 38 no Hospital Público de Verín. Por categorías, a máis numerosa, con 366 profesionais, é a de persoal auxiliar administrativo, seguida do Persoal de Servizos Xerais de Atención Primaria, con 161, que ademais de atender aos usuarios e profesionais, teñen polivalencia de coidar os centros, rematan a lista os 45 técnicos de grao A1/A2 e 16 administrativos.

Traballo indispensable para facer posible a asistencia

No entorno sanitario, a labor “administrativa” empregouse con frecuencia restándolle importancia, como identificando un trámite tedioso ou prescindible, fora da actividade central da asistencia. A realidade non pode ser máis diferente. Sen o traballo destes profesionais, non sería posible organizar consultas, programar intervencións, tramitar ingresos, manter operativos centros de saúde e PAC, garantir a dispoñibilidade de material, contratar bens e servizos, elaborar nóminas, coordinar substitucións, xestionar expedientes, pagar provedores, recuperar ingresos ou dar soporte á formación e á docencia sanitaria.

Moito máis que tramitación documental

O labor do persoal de administración sanitaria vai moito máis alá da tramitación documental. Nun sistema sanitario público, cada vez máis complexo, a coordinación e a xestión son imprescindibles para que a actividade asistencial se desenvolva con continuidade: desde a admisión de pacientes ata a xestión de citas, ingresos, probas, historias clínicas, reclamacións, expedientes, contratos, nóminas ou facturación.

A dimensión da actividade sanitaria permite entender o imprescindible desta xestión. En 2025 o persoal de citación dos hospitais públicos de Ourense, Verín e Valdeorras deron 552.365 citas para consultas hospitalarias e 4,5 millóns nos 106 centros de saúde da provincia, xestionaron os trámites precisos para a realización de 22.000 intervencións, miles de probas diagnósticas, sesións en hospitais de día, ingresos, traslados, etc.. A súa actividade permite ordenar axendas, tramitar ingresos e altas, apoiar a programación cirúrxica, e colaborar na organización interna dos servizos para que os equipos asistenciais poidan centrar o seu traballo na atención clínica.

Para desenvolver toda esa actividade é preciso xestionar os pedidos e entradas de material de un catálogo formado por millóns de artigos. Tampouco é menos importante tramitar as miles de facturas de proveedores, para o que é preciso administrar un orzamento de máis de 500 millóns de euros, suxeito a os estritos trámites e prazos da administración pública galega e tamén, moitas veces europea.

Que non falte nada: desde pixamas a implantes

Outro dos ámbitos nos que o seu traballo resulta esencial é a xestión dos recursos materiais. Que dependen da Dirección de Recursos Económicos, xunto a de Recursos Humanos, a dúas grandes responsables da xestión diaria. A dimensión administrativa deste traballo reflíctese tamén no volume económico que xestiona máis de 200 millóns de euros, destinados a garantir o funcionamento ordinario dos centros, a contratación de bens e servizos, as compras, a loxística, os investimentos, os equipamentos, as subministracións e o pagamento a provedores.

Para que hospitais e centros de saúde funcionen cada día é preciso garantir a dispoñibilidade de todo o necesario: desde os pixamas do persoal e dos pacientes ata o material de implantes, os funxibles do equipamento médico e cirúrxico, o gasoil da calefacción, a lencería, a coordinación da limpeza, etc. Desde o xabón dunha consulta ao implante endovascular máis sofisticado.

Todo pasa pola xestión diaria do persoal de recurso económicos: as compras, a contratación, loxística, lencería, que permiten que os centros dispoñan de material, equipamentos e subministracións axeitadas. Nunha organización sanitaria desta dimensión, o catálogo de produtos e materiais supera amplamente o millón de artículos. Mostra desto, algúns catálogos de superan os 5.000 items, como o de Traumatoloxía. Seu traballo é que non falten desde os tornillos precisos, nunha fixación de columna, ata a mazá de postre. Un traballo que só é visible cando falta.

Persoas, nóminas, formación e docencia

A Dirección de Recursos Humanos é outro dos grandes eixos nos que a administración sanitaria desempeña unha función central, xestiona 324 millóns de euros para a contratación de persoal nunha organización próxima aos 6.000 profesionais, cunha actividade que debe manterse as 24 horas do día e os 365 días do ano.

Este labor implica coordinar a xestión das complexas carteleras do persoal sanitario e non sanitario, substitucións, permisos, vacacións, baixas para facilitar o relevos de persoal. Cada ano, o seu persoal tramítanse miles de chamamentos e contratos, para garantir a cobertura da actividade ordinaria e a xestión das ausencias, así como a continuidade dos servizos asistenciais ante calquera imprevisto.

Non menos importante é a elaboración das nóminas dun cadro de persoal formado por numerosas categorías profesionais e unha altísima variabilidade de percepcións, derivada das horas de servizo, quendas, gardas, antigüidade, complementos e numerosas variacións. Cada nómina require unha xestión precisa para que o recoñecemento económico da actividade profesional se realice con garantías.

A formación continuada e a docencia e tamén especialmente importante na xestión das persoas. A Área Sanitaria organiza cada ano centos de cursos e actividades formativas propias, ademais de coordinar as que se realizan a nivel autonómico. En paralelo, desde Ourense dase soporte á formación de máis de 300 residentes que cursan anualmente a súa especialidade nos Hospital Universitario de Ourense e nos Centros de Saúde Docente, pero se coordina a estanza de centos de estudantes en prácticas de titulacións de ciencias da saúde.

O seu traballo forma parte da estrutura que permite que cada consulta, ingreso, intervención, proba, contrato, compra, nómina, curso, expediente ou procedemento administrativo poida realizarse con garantías e para que a asistencia chegue á cidadanía.

Back to top button