En portadaÚltima hora

A provincia roza os 1.000 casos activos de coronavirus

O Hospital de Valdeorras continúa libre de virus, o de Verín chega aos 5 ingresos e o de Ourense ten 35, segundo Sanidade

Foto: Mónica G. Bellver.

 

A curva segue claramente á alza. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco suma 947 casos activos, 91 máis que onte, segundo os últimos datos publicados esta mañá pola Consellería de Sanidade e actualizados ás 18h. do 9 de xaneiro.

Tamén se incrementan, aínda que de forma moderada os ingresos. Así hai 37 persoas hospitalizados en planta (7 máis que onte) e 3 na Unidade de Coidados Intensivos (os mesmos que onte). E tamén volven subir os casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas un total de 88 (fronte aos 79 de onte).

No que se refire aos ingresos, o Hospital Público de Valdeorras continúa, por sexto día consecutivo, libre de virus, mentres que o Hospital de Verín rexistra 5 ingresos en planta (2 máis que onte) e o Hospital Universitario de Ourense ten 32 en planta (5 máis que onte) e 3 na Unidade de Coidados Intensivos (os mesmos que onte).

O total de casos rexistrados ata o de agora na provincia ascende a 9.319, con 8.058 curados e 314 falecidos (o último rexistrábase onte no Hospital de Verín).

Polo de agora lévanse realizado 143.165 probas PCR e 69.514 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button