Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

A recollida de dorsais da IX Carreira contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín será só o sábado

 

 

A IX Carrera e Andaina das Cidades contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín de Valdeorras chega á súa recta final. Pechada a inscrición anticipada, a organización lembra os próximos pasos para participar
este domingo 15 de novembro no Pavillón Polideportivo da zona recreativa de O Bañadoiro.

Recollida de dorsais: só o sábado

As persoas rexistradas deben recoller o seu dorsal o sábado 14 de novembro, de 15.30 a 19.00 horas, no Pavillón Polideportivo Luis Nogueira de Vilamartín de Valdeorras. O sábado non se realizan inscricións.

Inscrición de última hora

O domingo 15 de novembro haberá inscricións de última hora no propio pavillón, de 8.30 a 09.30 horas, para todas as modalidades. O prezo é de 12 euros a partir de 16 anos e de 6 euros para menores de 16, que só poden participar en las andainas.

O programa para o domingo

– De 08.30 a 09.30 horas: inscrición de última hora.
– 10.00 horas: saída da carreira de 13 quilómetros.
– 10.00 horas: saída de la andaina longa de 11,5 quilómetros.
– 10.30 horas: saída de la andaina curta de 7 quilómetros.
– Cara a las 13.30 horas: petiscos e bebidas para todos os participantes.

A saída e a chegada serán dende o pavillón Luis Nogueira de Vilamartín, onde haberá duchas e
vestiarios. Todas as modalidades son non competitivas.

Ademais está a posibilidade de inscricións de Fila 0 para todos aqueles que queiran colaborar e non poidan participar na proba.

Máis información
https://carreracancerpancreas.es/carrera-vilamartin_no/

Back to top button