OurenseÚltima hora

A roadshow “ExperienciaINCIBE” poderá visitarse en Ourense do 23 ao 25 de novembro

Ponse en marcha o Ministerio de Transformación dixital a través do INCIBE – Instituto Nacional de Ciberseguridade

Esta mañá vén de inaugurarse en Ourense a roadshow “ExperienciaINCIBE” que se poderá visitar na cidad, en concreto no xardín do Posío, dende este xoves día 23 ata o 25 de novembro e que pon en marcha o Ministerio de Transformación dixital a través do INCIBE – Instituto Nacional de Ciberseguridade.

Emilio Gonzalez, subdelegado do Goberno en Ourense, destacaba no acto o “reto do Goberno coa educación e a aprendizaxe de xeito lúdico fronte as amenazas que supón a exposición a internet e para manter a seguridade aumentando a confianza nos 32.532 dispositivos vulnerables que o INCIBE -a entidade de referencia para o desenvolvemento da ciberseguridade e a confianza dixital entre a ciudadanía- cifra en Ourense e que na maioría dos casos prodúcese por un problema de seguridade”

Durante os próximos días milleiros de cativos, “nativos dixitais” do Concello de Ourense poderán disfrutar e aprender a través das salas e as escape room que acollerán a carpa situada no Xardín do Posío e que estará aberta a toda a ciudadanía en horario de tarde. Nesta primeira xornada participaron o alumnado do CEIP Amadeo Rodríguez Barroso, do CEIP de O Couto e do Colexio Santa Teresa de Xesús.

Chamadas ao 017, teléfono de atención á ciberseguridade

O subdelegado do Goberno fixo un “chamamento aos pais, nais e ANPAS de Ourense a que participen neste tipo de actividades que lles permitirán ter acceso a información e axuda para a educación dixital dos máis xóvenes”. Emilio González destacou que esta é unha das principais preocupacións que os técnicos do INCIBE recollen nas chamadas que reciben no 017, o teléfono de atención á ciberseguridade.

Entre as diferentes medidas postas en marcha polo INCIBE atópase a teléfono de atención á ciberseguridade no cal as consultas relacionadas cos menores, se centran, sobre todo, en temas relacionados con ciberacoso, sextorsión, grooming, privacidade, suplantación de identidade e o uso excesivo de las TIC.

 

 

#ExperienciaINCIBE

A experiencia INCIBE consiste nun conxunto de experiencias itinerantes que, durante 3 años, percorrerán a xeografía española co fin de sensibilizar, concienciar, educar, promover e divulgar a ciberseguridade entre todos los usuarios (cidadanía, pymes, menores, país, nais e educadores).

A actividade, dirixida por técnicos de INCIBE comeza coa chegada das persoas usuarias ao espazo exterior, onde se lles fará unha introducción; posteriormente, pasarán por unha zona de gamificación, onde porán en práctica os coñecementos de forma individual, virtual e lúdica a través de plataformas de adestramento, aplicativos ou xogos en liña e/ou serious game.

A continuación, haberá unha zona expositiva onde un formador impartirá unha charla e varios monitores, obradoiros, para logo rematar cun escape room que completarán coa identificación dos riscos dixitais tratados anteriormente.

Artigos relacionados

Back to top button