DeportesÚltima hora

A Rúa abre o 2026 coa gran cita galega do campo a través

O Club Adas contará cunha notable representación en diferentes categorías desta proba, que terá lugar o 4 de xaneiro no Aguillón

Saída da proba absoluta da pasada edición do galego de cross na Rúa./ Foto: A.R.

 

O vindeiro 3 de xaneiro o circuíto de Aguillón da Rúa volverá acoller o campionato Xunta de Galicia de Campo a Través individual e por clubs para as categorías absoluta, Sub23, Sub20, Sub18 e Sub16. Será a partir das 10:45h.

Este importante campionato da o pistoletazo de saída a unha tempada chea de intensa actividade coa disputa dos primeiros podios galegos do ano á que aspiran preto de medio milleiro de atletas e algo máis de setenta clubs. A proba ademáis, conta co engadido de ser determinante de cara a composición da selección galega individual (25 de xaneiro) e clasificatoria para o campionato de España de clubs (08 de febreiro).

O Club Adas Cupa do Barco contará cunha ampla representación nesta cita, con atletas como é o caso de Alejo Ares, Inés Docampo, Loreto Pacho, Iria Fernández ou Leticia Barbosa.

Principais candididatas e candidatos

Entre a relación de favoritas na categoría absoluta, figura, segundo adianta a Federación Galega de Atletismo, a presenza da campioa e subcampioa do ano pasado, Itziar Manso do Ourense Atletismo e Sara Castillo do Celta Atletismo a que se lles poden xuntar Leticia Barbosa, Esther Rodríguez, Mullenesh Porteiro ou Begoña Domínguez como atletas importantes.

Na categoría masculina, “ante a ausencia do triatleta olímpico e gañador o ano pasado Antonio Serrat, o favorito a priori será David de la Fuente que este ano pasa a defender a camiseta do Playas de Castellón. Xunto ao medallista de bronce do ano pasado, estarán presumiblemente nos postos importantes Denis Incuti, Manuel Lorenzo, Esteban Iglesia ou Alejo Ares entre outros”, indica a federación.

No resto de categorías, compre salientar a presenza na categoría Sub20 dos internacionais Alex Sierpes do Vicky Foods e de Sandra González da Gimnástica de Pontevedra que parten como favoritos nunha carreira de moita calidade na que estarán tomando parte o tamén internacional Asheber Díaz do Celta ou o subcampión do pasado ano Iker Fernández do Lucus Caixa Rural.

Na categoría Sub16 Lucía Agueitos do C.N.Riveira e Carla Rioseco do Ferrol Atletismo terán moito que decir ao longo dos 4.000 metros de carreira ao igual que  Pedro Moirón do Maderas Barcia Lourenza-Cervo e Samuel Tallón do Ferrol Atletismo na masculina. Sabela Castelo do Ourense e Alejandro Santos da Gimnástica xunto a Xoel Franco do Celta na categoría Sub18 pola súa banda, parten como favoritos sobre unha distancia na que terán un difícil compromiso tanto con Luis Piña como con Paula Fernández e Irma Veiguela.

Por último sobre a categoría Sub23 presenza da internacional Isabel Caeiro da Gimnástica quen xunto ao campión galego do ano pasado Jarno Pousada do Ría de Foz estarán nunha proba moi disputada na que tomarán parte a campioa galega Nadia Lia Fernández , Pepe Sánchez del Valle ou Sara Guedes entre outros.

 

Back to top button