A importancia do chan como elemento vivo e produtivo, con contidos prácticos sobre diagnóstico de chans, fertilización axustada, microbiota e fertirrigación sostible, orientados a optimizar recursos e aumentar a rendibilidade das leiras.
Centrado no mantemento do chan e a fertilización vitícola e co obxectivo de mellorar a eficiencia e reducir custos nas explotacións agrícolas e vitivinícolas, AEVA vén de poñer en marcha unha nova formación gratuíta para os seus asociados, dentro do programa AEVA Emprégate VII, financiado pola Deputación de Ourense que se celebra na aula do Centro Cultural Avenida da Rúa.
Da man dos enxeñeiros técnicos agrícolas Santiago Pérez e Ricardo Dobao, o curso ao que asisten unha docena de alumnos, comezaba na tarde deste venres 24 de outubro e continuará mañá, sábado 25 de outubro de 10 a 13 horas.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver