A RúaConcellosEntroido 2026Última horaVídeos

A Rúa despide o Entroido queimando a “Dona Sardiña” baixo a chuvia

 

Entre coplas, choros, risas, lume e tamén auga, A Rúa despedía definitivamente o Entroido co tradicional enterro da Sardiña.

 

 

Ás oito da tarde do mércores 18 de febreiro abríase o velorio de “Dona Sardiña do Atlántico e Cantábrico, viúva de D. Carnal que faleceu na Penela ós sabe Deus cantos anos de idade” no adro da igrexa de Santo Estevo.

 

 

Alí entre loitos, choros (e risas) e tamén bandexas de bica e licores, os veciños velaban e dábanlle o adeus a sardiña. Despois, o bispo iniciaba o ceremonial e tras rezar unha singular oración de tono satírico, daba paso á procesión, máis breve que de costume debido á chuvia. “Deamos unha volta no seu honor, antes de proceder á súa incineración”, dicía, antes de que a comitiva encabezada pola Sardiña, o bispo, o cura, o monaguillo e as monxas chegase á praza César Conti, onde seguidamente entre cánticos e berros das choronas era queimada xunto aos lardeiros colgados da farola central da praza, na Rúa Vella.

 

 

Coma sempre, o Enterro da Sardiña organizado pola Agrupación Teatral A Rúa coa coa colaboración do Cobcello, completábase cunha merenda a base de bocadillos de sardiña e viño para os asistentes.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Back to top button