A RúaConcellosÚltima hora

A Rúa intenta recuperar pouco a pouco e na medida do posible, a normalidade

O Concello vai levar un cargamento de auga ao local da Asociación de Veciños de Fontei para facilitar a distribución nesa zona

 

Como cada día dende que o incendio afectou ao municipio, na mañá deste martes 19 de agosto o Concello da Rúa emitía un aviso para a poboación informando da situación neste momento.

 

 

Están intentando recuperar a normalidade, na medida do posible, aínda que o lume segue activo, cun pequeno foco ardendo na ladeira sur fronte á Rúa Vella, así como no vertedoiro, co cal o fume segue envolvendo á vila. Ante os problemas coa potabilización da auga nesta mañá indicaban que “o Concello vai levar un cargamento de auga ao local da AVV de Fontei para facilitar a distribución nesa zona”.

Tamén un día máis vense aos efectivos da UME formando parte da vida ruesa.

 

 

Back to top button