A RúaConcellosÚltima horaVídeos

A Rúa Vella rende culto a San Roque coa misa maior e unha concorrida procesión

 

No mediodía deste domingo 23 de agosto, a imaxe de San Roque regresaba á súa capela no campo de nome homónimo, na Rúa Vella, logo de presidir a misa maior na igrexa parroquial de Santo Estevo onde repousaba dende hai uns días para a celebración da novena.

 

 

Facíao nunha concorrida procesión que partía da igrexa pasadas as 13:30 horas acompañada polos gaiteiros de Abertal que antes daban un pasarrúas pola vila. Co párroco, Daniel Pérez e o sacerdote Severino Pérez á cabeza e a rosca de San Roque (acompañada por pequenos bolos de pan) que máis tarde eran repartidos entre os asistentes, a comitiva percorría parte da rúa principal da vila ata chegar á capela onde o santo descansará ata o vindeiro ano. A Policía Local controlaba o tráfico durante a procesión.

 

 

A festa na Rúa Vella continúa esta tarde con baile no campo de San Roque a cargo da orquestra Finisterre en sesión de tarde-noite e verbena, rematando coa discomóbil A Pimentoneta.

Mañá, 24 de agosto, festivo local na Rúa, haberá pasarrúas coa charanga BBB; misa campestre no campo de San Roque (12 horas); festa dos nenos e da auga na praza César Conti (18 horas); e baile en sesión de tarde- noite (de nove a doce horas) coa orquestra Marbella.

 

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Back to top button