
Balance moi positivo da Ruta de Pinchos “Petiscos con DO Valdeorras”, que estaba organizada pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) en colaboración coa Denominación de Orixe Valdeorras, do 27 ao 30 de maio, xusto na semana previa á XXVI Feira do Viño de Valdeorras.
Durante catro días, 15 locais do Barco e A Rúa ofreceron propostas gastronómicas únicas elaboradas con viños da Denominación de Orixe Valdeorras. Unha actividade que, tras varios anos sen celebrarse, retomouse este 2025 co obxectivo de dinamizar a hostalería local, dar visibilidade aos negocios da comarca e poñer en valor o viño como produto identitario de Valdeorras.
A organización agradece profundamente a implicación de todos os establecementos participantes:
Anj3l, A Cova da Capitana, Beer para Crer, Café Teatro Bajo Cinco, O Muro do Malecón, Excalibur, La Fábrica, Jardín, Tapería Kaverníkola, La Maltería, O Retorno, Pazo do Castro, Bar San Roque, Veira Sil e Zig Zag.
Tras a finalización da ruta, celebrábase o sorteo de premios entre as persoas participantes que completaron o seu pasaporte. Os gañadores/as foron:
• Lote de viños de adegas participantes na feira: Margarita López
• Visita a adega con cata para dúas persoas: Ismael Palla Vega
• Visita a adega con cata para dúas persoas: David Puente Rodríguez
• Cea maridada para dúas persoas en restaurante Paladium: Iris Rodríguez
• Foto con máis likes en redes sociais – Lote de viño: Cristina Arias
“Desde AEVA e a DO Valdeorras agradecemos a participación de todas as persoas que se sumaron ao roteiro, así como a colaboración dos establecementos, adegas e medios de comunicación. Esperamos que esta iniciativa siga celebrándose en futuras edicións, consolidándose como unha cita imprescindible no calendario enogastronómico de Valdeorras”, din os organizadores.