Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

A “Ruta Integral do Barco” percorrerá os 34 núcleos de poboación do municipio neste domingo

 

Dende a praza do Concello do Barco saía esta mañá  ás 8h. a “Ruta integral do Barco” unha andaina en dúas etapas que pasará polos 34 núcleos de poboación deste municipio. A iniciativa está promovida polo Club Peña Trevinca Barco e, na primeira das etapas, a do “Anillo Sur”, o de maior desnivel, participaban unhas 25 persoas, segundo o presidente da entidade, Miguel de la Cal.

Este primeiro traxecto prevé rematarse arredor das 14h. en Viloira, onde, tras un xantar, darase paso á segunda etapa do percorrido xa polo chamado “Anillo Norte”. En total esta ruta integral supón uns 52 kms de traxecto.

Imaxes: Club Peña Trevinca Barco.

 

Back to top button