En portadaÚltima hora

A Ruta “Petiscos con D.O. Valdeorras”, do 27 ao 30 maio por 15 locais do Barco e da Rúa

Foto: Carlos G. Hervella.

 

A partir do día 27 e ata o 30 de maio, en horario de 19:00 a 20:00 horas (ou ata fin de existencias), un total de 15 locais de O Barco e A Rúa, ofrecerán as súas propostas elaboradas con viños amparados pola denominación de orixe valdeorresa, ao prezo de 3 euros. Será no marco da Ruta “Petiscos con D.O. Valdeorras”, promovida polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras e por AEVA.

Os participantes deberán facerse con un “Pasaporte de petiscos” que terán que selar nos locais onde consuman cada pincho. Así, quenes logren completar os catro selos, poderán depositalo nas urnas dispostas nos locais para a posterior realización dun sorteo que se levará a cabo durante a clausura da XXVI Feira do Viño, o domingo 1 de xuño.

Un lote de viños de adegas participantes na Feira, unha cea para dous persoas, maridada con viños de Valdeorras e dous visitas a adegas, para dous persoas, con cata incluida, serán os premios para aqueless que consigan completar a Ruta.

As redes sociais tamén serán testigos dos mellores momentos da Ruta grazas á campaña baixo o hashtag #petiscosconDoValdeorras, na que se animará aos participantes a compartir as súas mellores fotos. A imaxe que obteña máis “me gusta”, será premiada cunha caixa de viño dunha das adegas participantes.

Establecementos participantes no Barco

  • Anj3l
  • A Cova da Capitana
  • Beer para Creer
  • Café Teatro Bajo Cinco
  • El Muro del Malecón
  • Excalibur
  • La Fábrica
  • Jardín
  • Tapería Kaverníkola
  • La Maltería
  • Pazo do Castro
  • Bar San Roque
  • Veira Sil
  • Zig Zag

Establecementos participantes na Rúa

O Retorno

Back to top button