OurenseÚltima hora

A San Martiño 2025 terá unha ruta inédita e un final de case 3 km en liña recta, en Ourense

O Concello perfila a carreira que será o 9 de novembro, con saída na Ponte do Milenio e remate na praza de Concepción Arenal

 

 

O Concello de Ourense perfila o percorrido da carreira pedestre popular San Martiño 2025, que se desenvolverá o vindeiro día 9 de novembro. A proba terá un itinerario inédito, a causa das obras que se están a executar na Avenida de Portugal, e terá un traxecto máis chan e previsiblemente máis rápido, no que destaca un remate espectacular de case 3 kilómetros en liña recta.

A proba sairá da Ponte do Milenio cara ao barrio da Ponte, pasará pola rúa Xesús Pousa e a avenida de Marín, volverá ao centro da cidade pola Ponte Nova e avanzará pola avenida Otero Pedrayo cara ao campus. Continuará despois cara á rúa do Paseo, a praza Maior, o Xardín do Posío, a rúa da Coruña, Nosa Señora da Saínza e avenida de Zamora ata a zona de Expourense, para regresar pola avenida de Zamora, nunha longa recta que continuará pola rúa do Progreso até a meta que estará na praza de Concepción Arenal.

O itinerario, de 10 km, será homologado e terá carácter excepcional para esta edición, a causa das obras na avenida de Portugal. O Concello de Ourense deseñará un novo percorrido para a San Martiño 2026.

Back to top button