DeportesÚltima hora

A Selección Galega masculina Sub16 de atletismo, con Mateo Valcarce, bronce no nacional por federacións

Ademais, o combinado galego feminino lograba un destacado sétimo posto neste campionato celebrado en Alacante

 

Destacada actuación da Selección Galega no Campionato de España por Seleccións Autonómicas que se desenvolvía ao longo desta fin de semana en La Nucía, Alacante. Especialmente salientable é o podio do conxunto galego masculino, do que formaba parte o marchador valdeorrés Mateo Valcarce, que lograba un terceiro posto. Tan só eran superados por Castela e León e Andalucía.

 

 

“O combinado galego, que na primeira xornada remataba líder, foi capaz de amarrar no día de hoxe a posición de podio”, resalta a Federación Galega de Atletismo (FGA).

Pola súa banda, a Selección Galega feminina, con dúas representantes valdeorresas (a marchadora Paula Cela e a velocista Tania Peláez) lograba un meritorio sétimo posto.

Fotos: cedidas e FGA.

 

Back to top button