DeportesÚltima hora

A Selección Galega Sub18, co atleta valdeorrés Aaron Pérez, 4ª no nacional por federacións

A Selección Galega Sub18./ Foto: FGA.

 

Menos de seis puntos separaban a Selección Galega Sub18, da que formaba parte o valdeorrés Aaron Pérez (Adas Cupa) do podio do Campionato de España Sub18 por federacións. Esta competición tiña lugar na pasada fin de semana  en Palafrugell. Alí repetían o cuarto posto logrado o ano pasado en Pontevedra, nesta ocasión,  por detrás de Cataluña, Valencia e Madrid.

Carlos Tuñas, que viaxou en calidade de responsable da Selección Galega destacaba o fabuloso ambiente e a gran implicación de todos e cada un dos que formaron parte da selección” e onde tan só houbo que lamentar “a lesión de última hora de Paula Conde e a enfermidade xa no hotel, de Tariqua Brandón a quen desexamos unha pronta recuperación”.

Back to top button