ConcellosEn portadaO BarcoÚltima horaVídeos

A Semana Santa do Barco ábrese coa música do Orfeón Valdeorrés

Cantaba a Misa deste Venres de Dolores na igrexa de San Mauro e logo ofrecía un concerto de música sacra

 

Coas voces do Orfeón Valdeorrés, que dirixe José Ramón Mansilla, abríase a Semana Santa do Barco. Cantaba na misa deste Venres de Dores, celebrada na tarde deste 22 de marzo na igrexa de San Mauro e, a continuación ofrecía un concerto de música sacra.

Así, esta formación coral, que presida Luisa Álvarez, interpretaba un fermoso repertorio do que formaban parte pezas como “Ave María no Morro” de M. Angel Viro, “Christus factus est” de A. Bruckner, “Oh Santísima” (con arranxo do reverendo Luis Olano, que foi tamén director deste orfeón anos atrás), “Dulce sono” (con letra de Rosalía de Castro e música de José R. Mansilla), “Stabat mater”
de Zoltán Kodály, “Misericordias domini” con música de Henryk Jan Botor e “Signore delle cime” con
música de Bepi de Marzi. Cada unha das pezas era introducida por unha pequena explicación do director do Orfeón Valdeorrés.

 

 

O programa da Semana Santa do Barco continuará mañá 23 de marzo cunha misa ás 19h. na honra dos defuntos das confrarías da parroquia e cofrades e tamén co pregón da Semana Santa a cargo de Ángeles Sanabria.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button