OurenseÚltima hora

A Semana Santa do Carballiño, declarada festa de interese turístico de Galicia

Así o aprobaba o Consello da Xunta na reunión celebrada neste luns

Unha das procesións da Semana Santa do Carballiño./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Consello da Xunta vén de aprobar na súa reunión deste luns 16 de xuño a declaración de festas de interese turístico de Galicia para catro celebracións da Comunidade. Trátase da festa das Carrozas do San Cidre (Boqueixón); da Feira tradicional dos Remedios (Ponteareas); da Semana Santa do Carballiño (O Carballiño) e da Feira Cabalar do San Martiño de Francos (Teo).

Na declaración de cada evento valoráronse a creatividade e innovación da celebración dos eventos; o nivel de dotación de infraestruturas e equipamentos, e o adecuado coidado do contorno ou a afluencia de visitantes, entre outros. En abril, o Consello de Turismo -órgano de asesoramento na materia- informou favorablemente sobre estas celebracións.

A Semana Santa do Carballiño comezou a organizarse en 1893, ano en que se fundou a parroquia de San Cibrao do Carballiño. Ao longo do tempo desenvolveu características propias, como a forma de procesionar (dobre ombreiro ou falso costal) ou composicións musicais singulares.

A isto súmaselle unha programación paralela, con actividades como exposicións e ciclos de conferencias, publicacións ou concertos de música sacra.

Back to top button