ConcellosEn portadaGalerías de fotosO BarcoÚltima horaVídeos

A solemne procesión do Santo Enterro do Barco sae con 7 pasos neste Venres Santo

 

Despois da procesión do Encontro, que percorría ás 9:30h. deste Venres Santo O Barco, esta tarde tiña lugar unha segunda procesión pola vila: a do Santo Enterro. Moitas persoas acudían e participaban gardando silencio neste solemne acto, no que procesionaban diversos pasos.

A comitiva relixiosa partía da igrexa de San Mauro saía ás sete e media da tarde deste Venres Santo a procesión do Santo Enterro. Nelan saían as imaxes de San Xoán, a Verónica, a Dolorosa, o Nazareno e o Cristo. Ademais, neste ocasión incorporábanse o paso da Virxe da Consolación e o paso do Cristo da Paz que, saían da igrexa de Santa Rita e xuntábanse co resto dos pasos na rúa Marcelino Suárez.

 

 

Esta procesión facía un longo percorrido. Dende San Mauro ía en dirección ao centro da vila do polas rúas  Eloi Mira, Marcelino Suárez, rúa España, praza do Príncipe (onde os pasos da Virxe da Consolación e do Cristo da Paz volvían ao templo de Santa Rita), para regresar novamente por Eloi Rodríguez Barrios ata, finalmente, chegar á igrexa parroquial.

 

 

Con este acto conclúe a xornada do Venres Santo na vila do Barco. No seu percorrido a Policía Local encargábase de regular o tráfico. Para ás dez da noite tamén deste venres está prevista a denominada procesión “dos Caracois”, xa na vila do Castro.

Fotos: A.R.

Vídeos: O SIL.

 

 

 

Back to top button