Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

A Subida Vertical “O Sacauntos” de Vilamartín, no calendario do campionato galego de trail running

Presentábase na gala anual de Trail Running da Federación Galega de Atletismo, celebrada onte en Ourense

 

O Teatro Principal de Ourense acollía o 8 de xaneiro a gala anual Trail Running da Federación Galega de Atletismo. No seu decurso premiábase aos mellores atletas de Galicia do ano 2025, sendo un deles Elpidio corredor do Club Adas Cupa do Barco, como atleta máis competitivo.

 

 

Ademais presentábase o calendario de probas do campionato galego deste ano 2026, entre as que figura  quilómetro vertical O Sacauntos como cita autonómica de quilómetros verticais. Durante a presentación tanto o presidente da federación galega, Iván Sanmartín, como organizadores doutras competicións amosaban o seu apoio a esta proba que en 2025 non se celebrou xa que o 100% do trazado resultaba afectado polos inendios de agosto.

Fotos cedidas.

Back to top button