
A Tenda da Rita da rúa San Mauro do Barco vén de anunciar que pecha as súas portas de “maneira indefinida. “Deixamos o casco vello cunha sensación agridoce. Por unha banda con tristeza por non cumprir cos obxectivos mínimos que tiñamos marcados nestes dous anos de proxecto. Pero tamén felices por crear unha marca con tanto encanto, unha oferta diferente e por dar vida a un dos locais da zona máis bonita do Barco”, di o responsable da mesma, Jorge Álvarez.
Con todo, o proxecto de A Tenda da Rita segue vivo na vila. “Polo momento seguiremos abertos cunha oferta menor de produto na Tenda da Rita Edición Limitada (Praza José Otero 2) e na nosa web atendadarita.com .
Dende A Tenda da Rita agradécense os apoios recibidos durante estes dous anos de andaina.