ConcellosO BarcoÚltima hora

A tormenta afectaba a dous dos tres accesos á vila do Barco, os de Veigamuíños e A Proba

 

As intensas chuvias que deixaba a tormenta desta tarde afectaban a dúas das entrada á vila do Barco. Unha delas era de Veigamuíños que quedaba totalmente cortada ao tráfico ao cubrir a auga o acceso baixo a vía do ferrocarril. Nestes momentos a vía continúa cortada e estase a traballar para achicar a gran cantidade de auga acumulada na zona e prevese que permaneza cortado ao longo de toda a noite. O lugar está sinalizado.

Tamén resultaba afectada á entrada a vila dende  A Proba, onde comeza a circularse rozando ás 21h. por un dos carrís, pero aínda quedaba auga na estrada. Agora pode circularse por esa zona, pero con moita precaución.

Unicamente quedaba libre para entrar e saír da vila o acceso dende a estrada de Rubiá.

Por outra banda, tamén se rexistraron inundacións en varios baixos do Barco, entre outras incidencias nas que se traballou e séguese por parte de distintos operarios, pero a tendencia é a recuperar todo aos poucos, segundo a Policía Local.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button