
Cumpríanse as previsións. A partir das seis e media da tarde a tormenta, que levaba horas ameazando, descargaba con moita chuvia e aparato eléctrico na vila do Barco, sosprendendo a moitas persoas que circulaban nese intre polo centro da vila e que buscaban un lugar onde resgardarse da auga.
As chuvias producían incidencias na zona da rúa Xirimil, onde a auga cubría as beirarrúas debido a que as alcantarillas botaban auga para arriba, segundo informan os veciños. O problema xa está solucionado.
Fotos: A.R.
Vídeo cedido.

Vídeo: O SIL.

