En portadaÚltima horaVídeos

A tradicional malla, animada por Abertal, un dos referentes do XVIII Mercado Medieval de Tremiñá

 

Á Idade Media regresaba ao longo desta xornada de 18 de xullo a localidade de Tremiñá (O Barco). As rúas enchíanse dos máis diversos postos, non faltaban os xogos populares e obradoiros, nin tampouco a música nin diversas manifestacións tradicionais, creando un ambiente moi especial.

Deste xeito, desenvolvíase o seu XVIII Mercado Medieval, unha iniciativa promovida por Tremiñá no Mapa, e que incluía multitude de propostas para os visitantes e veciñanza, entre elas, a xa clásica malla, a partires das 21h. na praza.

 

 

 

Como vén sendo habitual, batíanse os mallos por quendas para separar o cereal, nun ambiente festivo no que soaba a música de Abertal. E, de cando en cando facíase unha parada para tomar un grolo de cervexa ou auga fresca e repoñer forzas. Despois facíase o cribado do gran, ante a atenta mirada do público.

Unha das novidades desta edición é que a celebración quedaba reducida a unha única xornada (ata agora era dous días) e outra unha proposta singular: unha festa horteramedieval que comezaba a partir das 23h.

Fotos: A.R.

Vídeos: O SIL.

 

 

 

 

 

 

 

Back to top button