Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

A V Andaina e Trail San Xil de Casaio, prevista para o 26 de setembro, estrea novos percorridos

 

A V Andaina e Trail San Xil Casaio (Carballeda de Valdeorras) celebrarase o vindeiro 26 de setembro. Nesta edición o apartado de trail contará cun dúas opcións para os corredores: un Trail longo con 35 km (saída ás 9 horas) e un Trail curto de 16 km (con inicio ás 9:30h). Ademais o programa da proba inclúe unha andaina longa de 19 km e outra andaina curta de 16 km (saída ás 09:30 horas).

A principal novidade son os cambios nos trazados das probas. “Son percorridos novos aínda que ata a ermida de San Xil é o mesmo para as 4 disciplinas e igual que anteriores edicións. A partir dese punto hai modificacións, sobre todo, no Trail longo que sobe ao pico Maluro e o Trail curto ao pico das Chas.

As persoas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición ata o vindeiro martes 22 de setembro presencialmente no Barco en Foot On Mars, Obike ou en Casaio na Cantina de Nati.

A proba estará organizada pola CMVMC da Serra de Casaio e Lardeira e Rutas Xanzá.

Fotos cedidas.

 

Back to top button